Subscribirse á fonte de novas
Alimentación
Os produtos alimentarios autóctonos de Lugo caracterízanse pola súa enorme calidade e sabor. Por iso, dentro do proxecto LUGO2, cofinanciado con fondos FEDER nun 70%, desenvólvese a liña de actuación denominada "Mellora da comercialización de produtos autóctonos" co obxectivo de mellorar a calidade dos produtos autóctonos e incidir no avance da transformación e comercialización destes produtos. Contempla, así mesmo, a creación dunha Marca, Lugosabe, propia para os produtos agroalimentarios procedentes das Reservas da Biosfera da provincia de Lugo e do Courel e dunha rede de distribución propia para estes produtos, dando valor á súa orixe.
Desta forma, poderán ser amparados pola Marca, aqueles produtos agrarios e alimentarios orixinarios dos concellos anteriores con carácteres tradicionais e diferenciais propios que pola súa natureza ou peculiaridades ofrezan unhas características específicas de calidade que permitan distinguilos doutros produtos pertencentes á mesma categoría.
-
Chourizo. Embutidos Hermelino
0,55 € -
Bote degustación de mel. O Trobo
1,02 € -
Melindres de Villalba. Coroa de Andrade
1,10 € -
Licor de Crema - Carmen - Tiempo y paciencia
2,42 € -
Orujo Blanco - Carmen - Tiempo y paciencia
2,42 €














