Mel e confituras
O Mel é un produto natural e fresco que se produce de forma artesanal desde fai centos de anos, o coidado e as atencións que se pon na súa elaboración permítenlle conservar as súas propiedades genuínas.
O mel é un produto moi nutritivo e con importantes características terapéuticas. Achega ao organismo azucres simples de fácil asimilación, proteínas cunha boa parte de aminoácidos esenciais, oligolementos (como o fósforo, o sodio, o potasio ou o ferro) e vitaminas.
A súa capacidade enerxética é ben coñecida. O mel é un alimento completo que proporciona unha resistencia maior en casos de cansanzo e presenta propiedades antisépticas e sedativas que melloran e cicatrizan as feridas e a rexeneración da pel, polo que é común o seu uso como cosmético.
En Lugo gozamos dun clima, un chan e ventos mariños, dan lugar a unha flora rica e variada, que permiten a produción con gran calidade. A isto engádeselle o esmero e esforzo dos produtores, conseguindo a calidade nos procesos de extracción e envasado de produto que nos caracteriza.
-
Bote degustación de mel. O Trobo
1,02 € -
Zume de mazá. Tuta Fruta
1,80 € -
Zume de uva negra. Tuta Fruta
1,80 € -
Crema extra de castañas convencional. Caurelor
2,54 € -
Marmelada de mouras silvestres convencional
2,54 €














