Panadería e pastelería

As empresas lucenses producen pan e doces de altísima calidade, na provincia temos unha gran variedade dos mesmos que son elaborados de forma semiartesanal, sen conservantes nin colorantes, están inspirados en receitas tradicionais da zona e elaborados unicamente con materias primas naturais.

Os nosos produtos de panadería e pastelería elabóranse con procesos semi-artesanais, coa utilización de materias primas naturais, permitindo presentar un produto cunhas características físicas e sensoriais que os diferencian no mercado, e apostando por unha produción responsable desde o punto de vista da saúde do consumidor e o desenvolvemento sostible.

Presentamos unha gran variedade de produtos, tales como tortas tradicionais, galletas, roscóns, rosquillas, etc.

Establecer o sentido descendente
Páxina:
  1. 1
  2. 2
  3. 3