Queixos
Os nosos queixos fabrícanse con leite de vaca, crúa ou pasteurizada, procedente das razas rubia galega, pardo alpina, frisona e das súas cruces entre sí. Este gando aliméntase de forma tradicional, favorecendo o aproveitamento directo dos pastos, e obtendo deste xeito queixos de gran calidade.
A calidade dos nosos queixos está recoñecida a través de catro denominacións de orixe: San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e Queixo de Tetilla.
Este produto é ideal para ser acompañado con mel ou marmelo se se toma ao natural; pero tamén é moi adecuado para a cociña, xa que debido á súa suavidade acompaña ben os sabores sen chegar a enmascaralos. Funde moi ben, polo que se aconsella en pratos ao forno con verduras ou ovos, e tamén para fritir. Son queixos que poden ser untables sobre pans de avena, cereais ou millo. Se se toma con viño, é preferible decantarse por tintos con corpo, con vigor e bo buqué. A temperatura óptima para o seu consumo é entre 15 e 22ºC.
-
Queso de Oveja Pequeño. Queixos Pacita.
3,00 € -
Queixo Cebreiro 300 gr. Queixería Sto. Andre
4,50 € -
Queixo DOP San Simón da Costa - Bufón. Queixería Fontelas
5,00 € -
Queixo San Simón da Costa Bufón. Don Crisanto
5,00 € -
Queso Fresco. Queixos Pacita.
6,00 €














