Casa Amable
Se quere coñece-la auténtica Galicia, e as súas xentes, como viviron e subsistiron ata agora cos seus traballos de gandería, agricultura e apicultura, seguindo cunha cultura centenaria. Hoxe en día conservanse os aparellos de traballo e os horreos onde conservaban as súas colleitas. Vivirás unha cultura que te levará a outro mundo que aínda persiste hoxe en día. Pasearás entre os castiñeiros centenarios, pasearás sobre verdes praos e cruzarás amplos ríos, ademáis beberás das súas fontes e comerás a súa comida elaborada cos produtos que veñen directos da horta e da matanza.
A CASA
Casa moi antiga que herdou o avó do dono. Restaurouse fai máis de dez anos respetando a construcción inicial e adaptandose ás construccións da zona, convertíndoa así nunha casa funcional e con tódalas comodidades de hoxe en día.
Ademáis conta cun pequeno rincón no exterior, debaixo da sombra dunha parra para disfrutar dunha tarde de sol no verán.
Conta con 2 habitacións de matrimonio con baño e TV cada unha.Na parte de abaixo conta con comedor con TV, sala de estar e chiminea.
Tamén contamos con cuna para clientes con nenos pequenos.
ACTIVIDADES
Dende aquí sen colle-lo coche pode practicar senderismo polos vellos camiños de toda a vida, ou colle-lo coche e recorre-los Ancares, pobo emblemático que está a 45 min dende Casa Amable, tamén Navia de Suarna co seu Castelo e Ponte Romano sobre o río Navia a 11 km(15 mins.) e no verán bañarse nas súas playas fluvais ou disfrutardunha merenda nas área recreativas.
Ademáis permitimos os nosos inquilinos participar en labores do campo que se están realizando durante a tempada (traer leña co tractor, levar a pastar as vacas, ...). Se non desexan cociñar pode encargar unha boa comida, cena ou almorzo feita con produtos caseiros.
CÓMO CHEGAR
- Dirección: Rúa Cabanela, 27003 , Navia de Suarna Vindo pola A6 sae na saída 345 Becerra - Cereixal, na ronda de saída colle dirección Becerreá e os 100m. a esquerda dirección Louxas (esta é unha carreteira de montaña que está moi ben arranxada), os 20 km encontrará os letreiros de Casa Amable, que son os que levan o lugar. Mentras ven pode disfrutar da hermosa paisaxe dos Ancares, cos seus picos cubertos de neve en inverno e dos pequenos pobos que salpican a paisaxe. - Importante : Contacto preferiblemente por teléfono.
- Teléfono fixo : 982 16 12 07
- Correo: amablegaiteiro@yahoo.es














