Casa do Gaiteiro
Se quere coñece-la auténtica Galicia, e as súas xentes, como viviron e subsistiron ata agora cos seus traballos de gandería, agricultura e apicultura, seguindo cunha cultura centenaria. Hoxe en día conservanse os aparellos de traballo e os horreos onde conservaban as súas colleitas. Vivirás unha cultura que te levará a outro mundo que aínda persiste hoxe en día. Pasearás entre os castiñeiros centenarios, pasearás sobre verdes praos e cruzarás amplos ríos, ademáis beberás das súas fontes e comerás a súa comida elaborada cos produtos que veñen directos da horta e da matanza.
A CASA
Antiga casa pertence á familia e que foi conocida dende a súa construcción como "Casa do Gaiteiro" como ben figura nas escrituras `preto dos anos 30. Agora adaptouse en dous apartementos con tódalas comodidades. Arriba conta con 2 habitacións matrimoniais, 1 cuarto de baño, sala de estar, cociña e comedor con amplias cristaleiras, Tv e un porche donde se pode disfrutar das vistas a montaña. Abaixo conta con 2 habitacións, 1 de matrimonio e outra con dúas camas xemelgas. Os dous apartamentos comparten a mesma estructura. Tamén contamos con cuna para clientes con nenos pequenos.

ACTIVIDADES
Dende aquí sen colle-lo coche pode practicar senderismo polos vellos camiños de toda a vida, ou colle-lo coche e recorre-los Ancares, pobo emblemático que está a 45 min dende Casa Do Gaiteiro, tamén Navia de Suarna co seu Castelo e Ponte Romano sobre o río Navia a 11 km(15 mins.) e no verán bañarse nas súas playas fluvais ou disfrutardunha merenda nas área recreativas. Ademáis permitimos os nosos inquilinos participar en labores do campo que se están realizando durante a tempada (traer leña co tractor, levar a pastar as vacas ...). Se non desexan cociñar pode encargar unha boa comida, cena ou almorzo feita con produtos caseiros.
CÓMO CHEGAR
- Dirección: Rúa Cabanela, 27003 , Navia de Suarna Vindo pola A6 sae na saída 345 Becerra - Cereixal, na ronda de saída colle dirección Becerreá e os 100m. a esquerda dirección Louxas (esta é unha carreteira de montaña que está moi ben arranxada), os 20 km encontrará os letreiros de Casa Gaiteiro, que son os que levan o lugar. Mentras ven pode disfrutar da hermosa paisaxe dos Ancares, cos seus picos cubertos de neve en inverno e dos pequenos pobos que salpican a paisaxe.
- Importante : Contacto preferiblemente por teléfono.
- Teléfono fixo : 982 16 12 07 - Correo: amablegaiteiro@yahoo.es














