Champivil
En 1977 Andrés Castelo, funda unha empresa de exportación de produtos silvestres, oficio que lle ven herdado e inculcado grazas á súa nai, Divina Campello, sendo esta pioneira en Galicia no oficio de compra e venda de Cogomelos Silvestres desde o ano 1949, nunha tenda taberna que ela posuía na aldea de Distriz (Vilalba). Desde ese mesmo ano comeza a buscar novos mercados, dentro e fóra das nosas fronteiras. Así logra entrar nos mellores mercados europeos (Italia, Suíza, Francia...) mentres en España xa traballa abarcando os máis grandes mercados deste produto como son a Comunidade Valenciana, País Vasco, Cataluña e outros.
A súa área de maior influencia serán os mercados franceses, destacando sempre pola mellor calidade en produtos frescos e conxelados. En 1982 amplía a súa empresa cunha nova zona de fabricación de conserva, onde comeza a envasar os seus produtos para marcas de Francia; así ata o ano 2000, onde xunto aos seus fillos forma a empresa Champivil S.L., ampliando a gama de conservas de Cogomelos Silvestres e introducíndoas xa en todos os mercados coa súa marca, e faise de novo pioneiro en Galicia envasando as mellores e máis típicas verduras da nosa terra, como as Verzas e os Grelos de Lugo.
Así ata o día de hoxe onde destaca pola calidade dos seus produtos silvestres e o seu amplo catálogo destes produtos tan autóctonos. En Champivil envasamos o mesmo día da recolección, ofrecendo así unha gama de produtos naturais sen conservantes nin aditivos, procedentes unicamente de Galicia.
Os seus produtos
-
Berzas de A Terra Chá al natural. Champivil
2,33 € -
Grelos ao natural Lata de 850 gr. Champivil
2,48 € -
Berzas con fabas. Champivil
2,48 € -
Grelos con fabas. Champivil
2,56 € -
Berzas con garbanzos. Champivil
2,56 €
































