Delicias do Souto

Delicias do Souto, S.C, nace nas montañas do Caurel para dar saída a un producto natural, rico e abondoso de esta zona como é a castaña transformada en doces.

O castiñeiro, xunto co carballo, ocupa un lugar destacado na cultura do pobo galego; ademais de ser un elemento paisaxístico de gran beleza foi, e as veces segue sendo, a despensa para o labrego das rexions máis desfavorecidas en tempos de fame.

Desde fai algúns anos os bosques de castiñeiros están en claro retroceso por iso nos queremos demostrar que o crear unha empresa de transformación de castañas os soutos centenarios do Caurel pódense recuperar e, ó mesmo tempo, facerlle ver os veciños de esta zona que se pode sacar rendemento a un producto que temos a man e que non require moito traballo durante o ano.

Delicias do Souto nace no ano 2006 coa finalidade de pór en valor o produto máis tradicional do Courel, a castaña seca. Tamén queriamos contribuir a manter vivos os nosos soutos, a que os soutos do Courel revivirán o esplendor doutros tempos. No 2007 foínos concedido o 3º Premio AGADER pola transformación dun producto tradicional.

Os nosos doces están elaborados de forma artesanal, sen conservantes nen colorantes. A materia prima son as castañas secas, cocidas ou en fariña. A castaña do Courel é un producto ecolóxico que destaca polo extraordinario sabor, dado polas variedades cultivadas e polo proceso tradicional de secado nos sequeiros.

Ao ser a castaña o ingrediente principal, os nosos doces son especialmente ricos en potasio, calcio e fósforo.tamén achegan proteinas, fibra e unha pequena cantidade de lipidos.a castaña é o froito seco con menos calorías 190 por cada 100grs.

Os nosos produtos inspíranse en receitas tradicionais da zona. A castaña tivo unha graimportancia na alimentación dos habitantes do Courel os cales, para alargar a súa conservación máis aló do tempo da colleita, secábanas.

Os soutos de castiñeiros centenarios son unha parte esencial da paisaxe do Courel. Todas as aldeas da serra teñen o seu propio souto

As nosas receitas inspiranse na calduda, un dos pratos básicos da alimentación das persoas que viviron no Courel.

Os sequeiros forman parte da arquitectura popular da zona, consisten nunha pequena casa de pedra de dúas plantas e con teito de pizarra. Na planta superior, sobre ripias de madeira con ocos entre elas, colócanse as castañas. No chan de pedra ou terra da planta baixa faíse lume, o seu fume ascende á segunda planta, vai secando as castañas e sae ó exterior polos ocos que deixan as lousas do teito. O proceso de secado dura de 20 a 25 dias. Unha vez secadas hai que sacarlles a casca, este proceso denomínase pisa.

O secado das castañas alongou a súa conservación máis alo do tempo da colleita e enriqueceu o seu sabor. A castaña seca chegou a ser un dos principais alimentos. A calduda, a castaña cocida servida co caldo da súa cocción foi un dos pratos esencias da cociña da nosa serra. 

Na actualidade, a castaña é protagonista de dúas festas gastronómicas: a Festa da Castaña e a Festa da Pisa. A primeira, celébrase en novembro e nela pódense degustar as distintas variedades de castañas caurelas asadas en bombos. Na Festa da Pisa o produto estrela é a castaña seca, nesta festa tamén se reproduce o proceso polo que se saca a casca ás castañas secas (pisa).

Delicias do Souto

Rúa Nova nº5 - Folgoso do Caurel

27325, Lugo - Lugo

Telf. 615296805

Fax. 982433026

http://www.deliciasdosouto.com

Os seus produtos

Establecer o sentido descendente