Galletas Daveiga
A sociedade LUGAR DA VEIGA SLL constitúese en xaneiro de 2005 para pór en marcha o proxecto empresarial "DAVEIGA produción responsable". O seu centro de producción está situado no Polígono Industrial "Os acivros" en Chantada (Lugo), dispón dunha superficie útil de 1200 metros cadrados e dunha capacidade de produción de 3000 Kg de galletas mariñeiras por día. O proceso de producción é flexible, o que permite a LUGAR DA VEIGA traballar cunha ampla gama de produtos e dar unha resposta rápida e adecuada ás demandas dos diferentes canles de distribución e consumidores.
As galletas mariñeiras, tamén chamadas PAN MARIÑEIRO, PAN DE BARCO ou BIZCOITO DE BARCO, foron a solución para o abastecemento de pan aos grandes navíos desde o século XV, dado que, un pan sen humidade, era a única forma de conservar o pan nas longas travesías de forma natural. Chegaron a América do Sur nas diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos países suramericanos. Un proceso de elaboración semi-artesanal e a utilización de materias primas naturais permítennos presentar un produto cunhas características físicas, sensoriais e organolépticas totalmente diferenciado doutros produtos presentes no mercado. Trátase dun produto natural mediante a utilización de materias primas naturais e de calidade, preséntase de forma ondulada orixinal e diferente doutras crackers, con textura e sensación crocante, o que se traduce nunha sensación moi agradable ao masticar o produto.
O proceso de elaboración e a súa composición aseguran unha alta resistencia á absorción da humidade, aspecto a destacar para a elaboración de tapas ou canapés. A pesar de levar manteiga ou aceite de oliva o sabor destes non predomina, o que facilita a súa mestura con doce ou salgado, e á vez teñen un gusto exquisito se se degustan soas. A súa forma e resistencia a romper, facilita o seu uso á hora de facer tapas ou canapés. As galletas mariñeiras son crocantes e moi dixestibles.
O proceso de elaboración e a súa composición permiten garantir unha vida útil do produto de máis de 7 meses, tempo durante o cal conservan todo o seu sabor e textura.
Galletas Daveiga
Polígono industrial Os Acivros, parcela 3 dcha
27500, Chantada - Lugo
Telf. 982440222
Fax. 982440821



















