Marcelle Natureza

Marcelle é un parque natural situado a beiras do Río Miño. En plena natureza os visitantes poderán gozar da fauna e a flora autóctona da zona, ao mesmo tempo que descobren a beleza de animais tan dispares e distantes na xeografía como os bisontes americanos, os canguros australianos, o lince boreal ou os monos capuchinos.

Todos estes animais conviven nunha contorna inigualable con lobos, osos pardos, xabaris ou xinetas. Ademais das visitas a nivel particular, o parque ofrece outras actividades para os visitantes como campamentos de verán; organiza celebracións como aniversario ou festas fin de curso e visitas organizadas para grupos ou excursións."

Marcelle Natureza dispón dun amplo espazo destinado aos animais, cun cómodo paseo a través do parque que permite ao visitante gozar da observación de cada unha das especies nun hábitat o máis parecido ao propio de cada un.

Desde a apertura do parque en xuño de 2003, a resposta dos visitantes esta sendo verdadeiramente gratificante.

A sensación de tranquilidade e quietud que se respira polos carreiros deste parque en poucos sitios pódese chegar a sentir.

Marcelle Natureza

Marcelle, nº6

27154, Outeiro de Rei - Lugo

Telf. 982160211

Fax. 982100470

http://www.marcellenatureza.com/

Os seus produtos

Establecer o sentido descendente