Queixería Don Crisanto
Con sinxeleza e amor brindámoslle o noso queixo de San Simón natural, coa tradición de séculos de existencia e coa garantía dos mellores cumplimentos dun produto galego con denominación de orixe protexida. Elaborado artesanalmente con leite das vacas da nosa granxa.
Como o leite da nosa explotación non nos chega para a produción que temos hoxe en día contamos con leite procedente da comarca da Terra Chá que ha de ser leite de vaca procedente das razas loura galega, pardo alpina, frisoa e das súas cruces entre si. Curado durante un prolongado tempo e afumado con madeira de bidueiro. En Queixería Don Crisanto tamén podémoslle ofrecer outros produtos típicos da zona de Galicia como o queixo do país (Patela) ou o queixo fresco (requeixo).
Queremos destacar que na nosa Queixería, unha vez finalizado todo o proceso de elaboración dos nosos queixos, ofrécelles unha ampla variedade de acabados, dando así un toque final distintivo e elegante.
Queixería Don Crisanto
Canzos (Moreda)
27816, Vilalba - Lugo
Telf. 982525637














