Sara Lage y Maru Calderón

Érase unha vez dúas nenas que pintaban no chan e vestían bonecas con vestidos de papel.
Os anos pasaban mentres soñaban co que serían de maiores.
Chegou o momento de tomar unha decisión:
- Mamá, quero ser artista.
Nese momento o mundo fíxose máis grande e creceron as ganas de exploralo...
As primeiras exploracións fixéronse durante catro anos na Escola Felicidad Duce.
Seguiron as exploracións en pasarelas a nivel nacional e internacional, como Ego-Cibeles, Mittelmoda, Texoira...
As prácticas de fin de carreira realizáronse en Carolina Herrera e na peletería de deseño Inpe.
Os primeiros traballos foron como deseñadoras para firmas como Adolfo Domínguez e Inpe.
A gran exploración foi en 2009, creando a empresa Sara Lage e Maru Calderón.
Esas dúas nenas que pintaban no chan e vestían bonecas con vestidos de papel, agora fano para showrooms como Ego-Cibeles (primavera/verán 2010 e outono/inverno 2010), South (Cádiz), Alterna (Xixón), Daisy Market (A Coruña)...... O mundo fíxose máis grande e seguimos explorando...

Sara Lage y Maru Calderón

C/ARMAÑA 16, 1 Local dcha

27001, Lugo - Lugo

Telf. 982254764

http://www.saralageymarucalderon.com

Os seus produtos

Non se atoparon produtos con esta selección.