Tecelana
Contaba a miña avoa como chegaban as tecelanas á casa da súa infancia, logo da recolleita do liño, para converter, con mans milagreiras, aqueles fíos dourados en pezas de roupa para a familia. Cos seus ollos de nena vía o que case cen anos despois me contaría a min nas tardes húmidas do inverno, coas súas mans de velliña ocupadas na labor, mentras a miña nai engadía de fondo o sonido da máquina de coser.
A mesma máquina, coma un testigo inmutable, segue a observarme dende o seu posto de honor na sala principal da casa; e, mentras tanto, eu sorrío cando a miña filla rouba retais e alfinetes para os vestidos das súas bonecas.
O nome que levan as miñas creacións rende homenaxe a todalas esas mulleres, que crearon coas súas mans expertas tanto as prendas que abrigaban á familia, como aquelas das que presumir o día da festa. As mulleres que nos legaron ó pracer de contemplar un traballo ben feito. As mulleres que nos ensinaron que a calidade está nos detalles.
A todas elas, gracias.
Chelo López Sarceda
Os seus produtos
-
Colar Galego Tradicional. Tecelana
48,40 € -
Colar Galego Tradicional. Tecelana
48,40 € -
Faltriqueira Liño Negro. Tecelana
60,50 € -
Farrapo e borla para Gaita en La. Tecelana
60,50 € -
Funda Pandereta 9 Ferreñas. Tecelana
60,50 €
-
Farrapo e borla para Gaita en Liño Negro. Tecelana
78,65 € -
Farrapo e borla para Gaita en Liño Marrón. Tecelana
90,75 € -
Conxunto Vestido Fol Gaita Mohair Granate e Farrapo en Mestura Liño/Algodón Granate. Tecelana
121,00 € -
Vestido Fol Gaita Negro. Tecelana
121,00 € -
Conxunto Vestido Fol Gaita Negro e Farrapo en Liño Negro. Tecelena
199,65 €
























