Tiempo y Paciencia. Gota a gota

A idea de Tiempo e Paciencia como destilería de augardente de bagazo, esta baseada na tradición máis antiga galega, destilar o bagazo Pinga a Pinga. Así facían os aldeáns despois de obte-lo viño e baleira-las cubas, quedaba nelas a pel e gran da uva fermentado, chamado bagazo(bulo en galego), e aos poucos días iniciaban a súa destilación coa súa alquitara (coloquial 'o pote').

Longas e lúgubres noites de outono destilando á beira do lume, contando vellas historias e aventuras mentres a maxia convertía en líquido espirituoso, o vapor que exhalaba a uva quentada na cazola do pote.

Longas noites, se, para obter 10 ou 12 litros ao máximo, de bagazo cristalino, claro, transparente. Impregnado co sabor e co cheiro, con todo o esplendor da uva do que procede.

E despois o pote peregrina dun aldeán a outro, para seguir obtendo da mesma fonte, o auga vitae que lles daba vida e forza nos fríos e laboriosos días durante todo do inverno.

Desta forma o Bagazo Galego logrou as máximas notas pola súa gran calidade.

Así é recoñecido polo gran público e polos máis esixentes expertos do país.

Tiempo y Paciencia. Gota a gota

Voltafolgueiras, 50

27640, Becerreá - Lugo

Telf. 982361004

Fax. 982361004

http://www.gotagota.es/

Os seus produtos

Establecer o sentido descendente