Entrada grupo 4 persoas: "Un día na granxa". Ancares de Meu

Empresa: Ancares de Meu

Nesta actividade queremos mostrarvos como é o traballo dun día nunha casa de labranza, concretamente o día de cocer pan, facéndoos partícipes das actividades que nós facemos a cotío. Queremos destacar que non imos facer unha granxa piloto, senón que utilizaremos os nosos propios recursos. Esta actividade farase na casa de Amelia (unha das socias) no pobo de Noceda. Ademais, inclúese unha visita a un muíño cercano, e un paseo pola natureza. A duración será de todo o día, podéndose acurtar se así fora necesario.


* Grupo mínimo de 4 persoas. Para un grupo maior, seleccione o número de persoas no despregable para ver o prezo. Non inclúe a comida nin o aloxamento.


* Conseguirá prezos máis económicos comprando un maior número de visitas.


* Confirmar a data directamente coa empresa

Dispoñibilidade: En existencia

227,48 €

* Campos obrigatorios

227,48 €

Detalles

Nesta actividade queremos mostrarvos como é o traballo dun día nunha casa de labranza, concretamente o día de cocer pan, facéndoos partícipes das actividades que nós facemos a cotío. Queremos destacar que non imos facer unha granxa piloto, senón que utilizaremos os nosos propios recursos. Esta actividade farase na casa de Amelia (unha das socias) no pobo de Noceda. Ademais, inclúese unha visita a un muíño cercano, e un paseo pola natureza. A duración será de todo o día, podéndose acurtar se así fora necesario.

Actividade:

9.30 Xuntanza en Doiras

10.00 Visita á casa de Lucía, tecedora tradicional de baixo lizo no pobo da Veiga do Seixo

11.00 Chegada á antiga casa de Gertrudis en Cereixedo e explicación do que imos facer ó longo do día

11.15 Distribución de material e comenzo do traballo na horta

13.00 Paseo curto e visita á igrexa de Cereixedo

14.00 Xantar

16.00 Traballo cos tapices de alto lizo, contos e lendas, merenda ó pé do lume

18.30 Paseo curto. Visita ós arredores

19.30 Despedida e volta a Doiras

*Grupo mínimo de 4 persoas. Para un grupo maior, seleccione o número de persoas no despregable para ver o prezo. Non inclúe a comida nin o aloxamento.

* Os prezos resultan máis económicos comprando un maior número de visitas. Por exemplo:

Con 4 visitas compradas o prezo total é 227,48€ (56,87 €/persoa).

Coa compra de 10 o total ascende a 387,20 € (227,48 + 159,72), o que resulta 38,72 €/persoa. Deste xeito, obtén un desconto de 18,15 € por visita comprada.

En caso de comprar 20 visitas o prezo total ascende a 459,80 € (23 €/persoa). Aforra 33,87 €/persoa.

*Confirmar a data directamente coa empresa

Etiquetas do produto

Utilice espazos para separar etiquetas. Utilice comiñas simples (') para as frases.