A Deputación de Lugo, na súa política de reforzar a estratexia de desenvolvemento local e urbano utilizando a sociedade da información como vehículo, decidiu impulsar un conxunto de proxectos cofinanciados pola Administración central e a Unión Europea para mellorarlles a prestación de servizos ás suás entidades locais e habitantes, entre as cales se encontra o proxecto LugO2.
LugO2 é un proxecto para o desenvolvemento endóxeno dos municipios incluídos nos espazos naturais protexidos da nosa provincia mediante a valoración dos recursos naturais dispoñibles e a sensibilización ambiental de habitantes e visitantes.
Ademáis, a través deste proxecto, a Deputación de Lugo puxo en marcha a Marca de Calidade Turística LugO2, que reúne una rede de aloxamentos e restaurantes situados nas Reservas da Biosfera coas que conta a provincia de Lugo, ofrecendo ao visitante unha experiencia única ao reunir nun mesmo espazo unha paraxe natural de excepción, un patrimonio histórico cultural propio e unha riqueza gastronómica avalada polos produtos propios desta terra, que poden ser degustados nos restaurantes e aloxamentos de LugO2.
Os seus servizos
![]() |
![]() |
![]() |
A Casa de Xacobe ** |
Casa do Fidalgo |
Casa Solariega de Cervantes |
![]() |
![]() |
|
Restaurante Río Lea |
Casa Benito |
Hotel Jorge I |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
|
|
![]() |
|
Hotel Augadoce Louzao |






















