Na provincia de Lugo existe unha importante canteira de deseñadores lucenses que están presentes nas mellores pasarelas coas súas coleccións exclusivas.
A Deputación de Lugo apoiou a moda lucense a través de diversas iniciativas como a Gala da Moda que realizou por segunda vez este ano e a Feira Outlet.
Moitos dos deseñadores participaron nas distintas convocatorias da Gala Lucus Moda, que se realizaron no Círculo das Artes da cidade de Lugo, e foron organizadas polo Concello e a Deputación de Lugo. Ambas as galas foron presentadas pola actriz galega María Castro, que saltou á fama polos seus papeis nas series "Sen tetas non hai paraíso" e "Terra de Lobos", a actriz luciu modelos dos deseñadores lucenses en ambas galas.
Un claro exemplo da importancia dos deseñadores da nosa provincia é que dúas delas vestiron á primeira representante lucense en Eurovisión, Lucía Pérez, a cal xa lucira modelos destas deseñadoras lucenses na Gala Lvcvs Moda, celebrada a principios de abril de 2011 en Lugo.
Dende fai xa dez anos, cada mes de xuño, Lugo arde durante un fin de semana, conmemorando así as orixes da cidade. Para celebralo, os habitantes da cidade visten as indumentarias da época, de romanos ou castrexos, converténdose estas xa nunha peza habitual dos armarios lucenses.
Nos primeiros tempos, as vestimentas reducíanse a unha túnica, que adoitaba cinguirse cun cinto ou se pechaba cun broche. Ao terminar o primeiro século do imperio romano, aumentáronse e modificaron as pezas, admitindo unha túnica con mangas, e a túnica ancha e sen o ombreiro dereito para escravos e pastores. Engadiuse tamén a capa ás vestiduras exteriores, aberta por diante e suxeita cun broche.
As mulleres romanas levaban unha longa e folgada túnica, a estola que tiña moitos pregues e que para as nobres matronas adornábase con franxas ou ricos bordados, e sobre ela unha especie de toga. Cubrían a súa cabeza coa mesma palla ou cunha cofia ou cun veo ou unha capucha.
O calzado común eran as sandalias, atadas cunhas correas. As cores das vestimentas eran polo xeral brancas, sobre todo para os que aspiraban á magistratura, e habitualmente con toques púrpuras ou dourados.
Desde que o home é home vístese con peles, inicialmente, as peles concibíronse como unha necesidade para co paso dos séculos converterse nun símbolo de status social. Na provincia lucense existen diversas firmas con anos de experiencia no sector peleteiro, que basean o seu negocio en ofrecer calidade e servizo aos seus clientes.
As bases do seu éxito baséanse ademais de na calidade das súas materias primas na innovación continua dos seus deseños, ofrecendo unha ampla gama de produtos para cubrir as necesidades dos seus clientes.
Estas empresas reinventanse ano tras ano, ofrecendo produtos en diversas cores, tipos e texturas, que se adaptan a calquera estilo.
-
Capa de liño natural para nenos e nenas. Unha de Romanos.
15,00 € -
Exomis corto de gasa de algodón. Unha de romanos
25,00 € -
Vestimenta de neno romano. Unha de Romanos.
34,99 € -
Túnica e toga en liño. Unha de romanos
85,00 € -
Peplo en muselina de seda. Unha de Romanos
110,00 €
-
Corazas musculata. Unha de romanos
125,01 € -
Peplo de seda longo. Unha de romanos
128,18 € -
Peplo longo de seda natural + cenefa. Unha de Romanos
174,99 € -
Lorica Hamata. Unha de romanos
275,00 €














